Ampliadas as marquesiñas de bus e taxi da contorna do HULA, coas que o Concello garante un espazo cuberto ás persoas usuarias destes servizos públicos

Luns, 12 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ampliadas as marquesiñas de bus e taxi da contorna do HULA, coas que o Concello garante un espazo cuberto ás persoas usuarias destes servizos públicos

O Concello de Lugo vén de ampliar as dúas marquesiñas existentes xunto ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), coa finalidade de garantir un espazo cuberto a todas as persoas que viaxan no autobus urbano, así como ás usuarias do servizo de taxi. Concretamente duplicouse a marquesiña actual dos taxis e engadíuselle un módulo á do bus, unhas tarefas cun orzamento de 9.800 euros.

Con esta ampliación das marquesiñas o Gobero volve pór aos veciños e veciñas no centro da xestión municipal, ben sexa en grandes proxectos ou en actuacións máis pequenas, todas elas co obxecto de mellorar a calidade de vida das e dos lugueses.

Audio

  • Manuel Núñez, sobre as marquesiñas de bus e taxi | Descargar mp3

Multimedia

  • Ampliadas as marquesiñas de bus e taxi da contorna do HULA, coas que o Concello garante un espazo cuberto ás persoas usuarias destes servizos públicos

Noticias relacionadas