Álvaro Santos supervisa o mantemento duns 200 bancos e doutro mobiliario urbano situado en zonas verdes da cidade

Medio Ambiente, supervisa o mantemento duns 200 bancos e doutro mobiliario urbano situado en diferentes zonas verdes da cidade

Tarefas son realizadas por cinco operarios desempregados en situación de risco ou exclusión social, perceptores da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) que están a colaborar dende o 17 de xuño e ata o 16 de marzo na Brigada de Parques e Xardíns do Concello

Martes, 10 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Álvaro Santos supervisa o mantemento duns 200 bancos e doutro mobiliario urbano situado en zonas verdes da cidade

O Concelleiro responsable da Área de Medio Ambiente, Álvaro Santos, supervisou esta mañá o mantemento duns 200 bancos e doutro mobiliario urbano situado en diferentes zonas verdes da cidade.

Estas tarefas son realizadas por cinco operarios desempregados en situación de risco ou exclusión social, perceptores da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) que están a colaborar dende o 17 de xuño e ata o 16 de marzo na Brigada de Parques e Xardíns do Concello.

Deste xeito preténdese facilitar a inserción de persoas desempregadas do municipio, prioridade do Concello, e ao mesmo tempo, contribuír á conservación e mellora dos espazos públicos.

Estes operarios xa realizaron numerosas actuacións na cidade, no Parque Marcos Cela mediante a limpeza de cunetas, na Rúa Monte Faro, Parque de Bomberos, Parque do Pazo de Feiras, Rúa Serra de Meira, Parque Marcos Cela, no Refuxio, na Avenida de Madrid, Ronda de Fingoi, Rúa Pintor Corredoira, Ronda República Arxentina, Ronda do Carmen, Praza Fonte dos Ranchos, Rúa Portugal, Avenida Padre Gómez,  entre outras mediante o acondicionamento de aproximadamente ata douscentos bancos.

Nos vindeiros días está previsto que continúen estes labores pola Rúa Miguel de Cervantes, xardíns de Romai e a Ronda das Fontiñas.

Audio

  • O Concelleiro responsable da Área de Medio Ambiente, Álvaro Santos, sobre as obras de mantemento | Descargar mp3

Noticias relacionadas