Álvaro Santos na mesa de clausura do XII Congreso de Economía Agraria

Alvaro Santos recalcou  “A importancia de poñer en valor o noso rural”

Venres, 06 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Álvaro Santos na mesa de clausura do XII Congreso de Economía Agraria

O concelleiro de Medio Ambiente, Alvaro Santos, estivo presente este venres na clausura do  ‘XII Congreso de Economía Agraria’ organizado pola Asociación Española de Economía Agraria (AEEA), un acto celebrado no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñería e moi importante para o intercambio de coñecementos, en materia de investigación sobre temas de Economía Agraria, Medio Ambiente e Desenvolvemento Territorial, tanto no ámbito nacional como no internacional.

Santos explicou que “En Lugo ademáis de estar moi concienciados co Medio Ambiente, somos conscientes do potencial que ten o noso rural actualmente estamos”.

O edil compartiu mesa con, Ana I. García Arias, Coordinadora do comité local da organización do Congreso, Tomás Cuesta García, Director da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, José González Vázquez, Conselleiro de Medio Rural, María Elvira López Mosquera, Adxunta á vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo e Margarita Brugarolas MollaBauza Presidenta da Asociación Española de Economía Agraria.

Noticias relacionadas