Álvaro Santos inaugura o I Seminario de Xestión de Colonias Felinas

O seminario ten como obxectivo servir como primeira actividade de formación de persoas xestoras de colonias felinas urbanas controladas

O I Seminario de Xestión de Colonias Felinas  sábado 9 de novembro a partir das 16.30h no centro de convivencia Fingoi

Venres, 08 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Álvaro Santos inaugura o I Seminario de Xestión de Colonias Felinas

O concelleiro de Medio Ambiente Álvaro Santos inaugurará o I Seminario de Xestión de Colonias Felinas. Este seminario ten como obxetivo servir como primeira actividade de formación de persoas xestoras de colonias felinas urbanas controladas. Terá lugar o sábado 9 de novembro a partir das 16.30h no centro de convivencia Fingoi.

O I Seminario de Xestión de Colonias Felinas, aínda que vai dirixido a calquera persoa interesada polo tema, os e as asistintes poderán expor as súas dúbidas e inquedanzas. No seminario presentarase a asociación ‘Michos de Lugo’ e do seminario sobre colonias felinas, falarase das áreas de protocolarización das colonias de gatos ferais   a través de exemplos prácticos da mao de ‘Micos do Barrio’, e para finalizar, Sabela Fonseca, veterinaria e membra de AGAE, Asociación Galega de Adopción de Exóticos falará dos protocolos veterinarios, saúde e higiene no control de colonias felinas.

Noticias relacionadas