Alumnos do IES Ollos Grandes visitan o CEI e o Espazo Lab

As Concelleiras de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, e de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, recibiron un grupo de alumnos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes que efectuaron esta mañá unha visita ás instalacións do CEI-Nodus e do Espazo Lab.

Mércores, 29 de outubro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Na visita a estas dependencias municipais tomaron parte 29 alumnos e alumnas do ciclo superior de Educación Física do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

Durante a súa visita, que comezou ás 9 da mañá, os estudantes recibiron información sobre as actividades do CEI-Nodus e do Espazo Lab e tamén coñeceron o viveiro de empresas, deténdose especialmente nos locais que ocupan Cerveza Artesanal Aloumiña e Galicloud S.L.

O programa da visita, que rematou ás 14 horas, incluiu tamén dúas charlas especialmente dirixidas a este grupo de estudantes, una delas titulada “Motivación para emprender” e a otra que tratou sobre “Proxectos de emprego no Concello de Lugo: Lugo Emprego Activo 2”.

Noticias relacionadas