Alumnos de 17 centros escolares de Lugo farán obradoiros de Igualdade a partir de xaneiro

Venres, 12 de novembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presentou esta mañá os programas “Educando en Igualdade” que levará a cabo o Concello de Lugo en colaboración co sindicato FETE-UGT.

Na presentación, que tivo lugar na Concello, con asistencia dun numeroso grupo de profesores, tamén participaron as Concelleiras de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e de Educación, Dolores Vieiro, ademais do secretario xeral de FETE-UGT Galicia, Marcelino Brea, e o responsable do mesmo sindicato na comarca de Lugo, José Rodríguez Trigo.

O Alcalde explicou que os programas “Educando en Igualdade” desenvolveranse, a partir do mes de xaneiro, en 17 centros escolares da cidade.

López Orozco indicou que a iniciativa de facer estes obradoiros sobre igualdade cos alumnos e alumnas de centros educativos da cidade partiu do sindicato FETE-UGT e “o Concello sumouse a ela xa que está sempre atento a traballar no fomento da educación nos valores de igualdade porque estamos convencidos que vai levar a construír unha sociedade mellor”.

O Alcalde agradeceu o esforzo suplementario que lle supón ó profesorado a realización destes obradoiros e indicou que “creo que merece a pena ir borrando das mentes dos alumnos todo o que significa o machismo”.

Multimedia

Noticias relacionadas