Alternativas saudables de lecer para a mocidade todos os sábados ata decembro na Casa da Xuventude

En xornada de mañá, o Concello ten organizadas actividades de zumba, defensa persoal e acrosport, e de tarde, parkour, hip-hop e break dance. Son actividades gratuítas e de acceso libre

Mércores, 18 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alternativas saudables de lecer para a mocidade todos os sábados ata decembro na Casa da Xuventude

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, preparou para todos os sábados, ata o 16 de decembro, alternativas saudables de lecer na Casa da Xuventude, co obxectivo de que os mozos e mozas ocupen o seu tempo libre en aprender novas habilidades ao tempo que se relacionan con outros rapaces e rapazas da súa idade.

Con estas actividades, a mocidade terá a oportunidade de practicar zumba, defensa persoal e acrosport, en xornada de mañá, de 11:00 a 12:00 horas, de 12:00 a 13:00 horas, e de 13:00 a 14:00 horas, respectivamente. En xornada de tarde, de 16:30 a 18:30 horas, os mozos e mozas participantes aprenderán as técnicas de parkour, e de 18:30 a 20:30 horas, de hip-hop e break dance.

Todas as persoas interesadas en participar nestas actividades, gratuítas e de acceso libre, poden conseguir máis información na propia Casa da Xuventude, na rúa Xesús Bal y Gay, número 26.

Noticias relacionadas