A Alcaldesa visita o II Festival do Leite, co que colabora o Concello

Ao longo de toda a xornada, que arrincou ao mediodía e se estenderá ata a medianoite, o público asistente a esta romaría familiar pode gozar de xeito gratuíto de grupos referentes do panorama musical galego

Sábado, 23 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa visita o II Festival do Leite, co que colabora o Concello

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou este sábado ao II Festival do Leite, que se celebra no Parque do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e co que colabora o Concello. Ao longo de toda a xornada, que arrincou ao mediodía e se estenderá ata a medianoite, o público asistente a esta romaría familiar pode gozar de xeito gratuíto de grupos referentes do panorama musical galego como Caxade, Terbutalina ou Os Amigos dos Músicos, entre moitos outros.

Os beneficios económicos do Festival do Leite destinaranse a axudar ás persoas refuxiadas. Asemade, pídeselle ás persoas asistentes que aporten algún produto alimentario de primeira necesidade que se destinará aos Bancos de Alimentos.

A entidade local ofrece un servizo de bus urbano gratuíto para que a cidadanía poida achegarse ata este festival. Este servizo funciona cunha frecuencia de media hora, ata a 1 da madrugada. O punto de saía será a Ronda da Muralla, en fronte a Sindicatos.

Noticias relacionadas