A Alcaldesa traslada mañá á Corporación nunha Xunta de Voceiros o proxecto de orzamentos do Goberno para o 2016

“Por responsabilidade e coherencia coa forma de actuar deste goberno baseada no diálogo e na transparencia, queremos expoñer a nosa proposta de orzamentos, que apostan polo emprego e os servizos sociais”, adiantou Méndez

Domingo, 24 de xaneiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convocou unha Xunta de Voceiros para mañá luns, 25 de xaneiro ás 10:00 horas, para darlle a coñecer ao resto de grupos da Corporación o borrador do proxecto de Orzamentos para o exercicio económico do 2016 elaborado polo Goberno Municipal. Así o anunciou este domingo a rexedora, quen avanzou que xa se mantiveran diversas conversas e reunións co grupo municipal do BNG e Lugonovo, os grupos que facilitaron a investidura, “como é unha cuestión lóxica xa que son os que poden ter un proxecto máis afín”, para que achegasen as súas propostas e as cuantificaran economicamente.

“Por responsabilidade e coherencia coa forma de actuar deste goberno baseada no diálogo e na transparencia, queremos expoñer ao resto de grupos e aos lucenses a nosa proposta de orzamentos, que novamente aposta por manter uns servizos sociais fortes e por incrementar as políticas activas de emprego”.

Lara Méndez manifestou que mañá tratará este borrador cos grupos políticos municipais para que estes poidan facer as achegas que consideren oportunas, se ben adiantou que o orzamento total final ascenderá a 89,8 millóns de euros, mantendo as máximas dos servizos sociais e a creación de emprego. Tamén quixo aclarar que as aportacións que realicen os grupos políticos deben ser “serias e responsables”, dando a coñecer que partidas se cambiarían e a que se destinarían.

Audio

  • Lara Méndez, sobre os orzamentos do Goberno para o 2016|Descargar mp3

Noticias relacionadas