A Alcaldesa subliña o “valor engadido” que achega o labor docente e investigador da USC á Domus do Mitreo

Lara Méndez participou na inauguración da nova etapa do xacemento como centro museístico xestionado en solitario pola Universidade grazas ao convenio asinado coa entidade local hai un mes

Xoves, 22 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa subliña o “valor engadido” que achega o labor docente e investigador da USC á Domus do Mitreo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este xoves, xunto á Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, no acto de inauguración da nova etapa da Domus do Mitreo como Museo Universitario, xestionado en solitario pola USC, grazas ao convenio de colaboración asinado hai preto dun mes co Concello. Méndez subliñou o “valor engadido” que lle achega a este xacemento arqueolóxico e á cidade o labor docente e investigador da Universidade de Santiago, e máis en concreto do Campus Terra, o que contribúe “a seguir potenciando o gran patrimonio histórico, cultural e artístico co que contamos en Lugo”.

No acto, conducido polo reitor da USC, Juan Viaño, tomaron parte o Presidente da Deputación, Darío Campos, a xefa de Coordinación de Cultura da Xunta, María José Gómez, e o director de zona Santander Universidades, José María García de los Ríos, ademais do Catedrático de Historia Antiga da Universidade Carlos III, Jaime Alvar.

A novas instalacións museísticas, xestionadas integramente pola USC, aínda que de titularidade compartida co Concello de Lugo, terán encomendadas tarefas diversas, que van desde a difusión e valorización dun dos xacementos romanos máis visitados da capital lucense como é o A Domus do Mitreo, e o fomento do patrimonio ata a promoción da cidade de Lugo a través de estudos (docencia) e investigacións (ciencia) sobre a súa historia.

Noticias relacionadas