A Alcaldesa subliña “o gran labor” de ASPNAIS por “marcar cada día unha meta superior en busca da integración real”

Lara Méndez participou xunto a membros da Corporación e o Presidente da Deputación na xornada de portas abertas dos centros ocupacionais da entidade social

Xoves, 03 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa subliña “o gran labor” de ASPNAIS por “marcar cada día unha meta superior en busca da integración real”

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, subliñou este xoves, durante a xornada de portas abertas organizada por ASNAIS ás súas instalacións, “o gran labor” desta entidade social de referencia por “marcarse cada día unha meta superior en busca da integración real” das persoas con diversidade funcional.

A rexedora participou esta mañá, xunto a membros da Corporación local, o Presidente da Deputación, Darío Campos, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos, nunha visita polos centros ocupacionais de ASPNAIS situados na Louzaneta e na Rampa Claudio López, dentro do programa de máis de 200 actividades organizado pola asociación para conmemorar o seu medio século de vida.

A visita, que foi guiada polos propios usuarios coa colaboración dos monitores, o presidente da entidade, José Reigosa, e distintos membros da directiva, enmárcase no obxectivo de ASPNAIS de dar a coñecer de preto a realidade do colectivo. “Queremos acercar aos usuarios á sociedade lucense para que nos coñezan mellor, e que os nosos usuarios coñezan tamén mellor a nosa cidade, e acadar así a plena integración, que non se pode conseguir de hoxe para mañá, pero é posible”, asegurou Reigosa.

Tras participar na cena gala conmemorativa do 50 aniversario que se celebrou no Círculo das Artes en xaneiro e inaugurar o programa Saídas á Rúa cunha recepción na casa consistorial a 127 membros de ASPNAIS, a Alcaldesa asistiu hoxe á xornada de portas abertas, onde agradeceu “poder desfrutar dunha xornada de plena actividade cos rapaces e rapazas” do colectivo, “coñecer o seu día a día, o seu traballo e toda a achega que fan á sociedade; todo o que nos devolven con creces ao que as institucións lles podemos aportar”.

Multimedia

  • A Alcaldesa subliña “o gran labor” de ASPNAIS por “marcar cada día unha meta superior en busca da integración real”
  • A Alcaldesa subliña “o gran labor” de ASPNAIS por “marcar cada día unha meta superior en busca da integración real”

Noticias relacionadas