A Alcaldesa rexistra na Xunta a petición para a cesión dos locais comerciais da Tinería, co obxecto de crear un viveiro de empresas a pé de rúa

Lara Méndez, acompañada de Miguel Fernádnez, entregou a solicitude, coa que adxuntou unha memoria do barrio e un informe técnico na que se acredita que é posible a cesión de usos dos establecementos

"Trátase de facer unha xestión pública dos locais públicos", ao tempo que se dinamiza e revitaliza "este barrio senlleiro", tanto economica como socialmente, asegurou a Alcaldesa

Martes, 28 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa rexistra na Xunta a petición para a cesión dos locais comerciais da Tinería, co obxecto de crear un viveiro de empresas a pé de rúa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do Voceiro Municipal, Miguel Fernández, presentou esta martes no rexistro da Xunta de Galicia a solicitude formal do Concello ao Instituto Galego de Vivenda e Solo para a cesión ou adquisición dos locais comerciais libres cos que conta esta entidade, dependente da Administración Autonómica, na Tinería; co fin de pór en marcha un viveiro de empresas a pé de rúa, xestionado polo CEI-NODUS, nun dos barrios máis emblemáticos de Lugo, coa finalidade de dinamizar esta zona da cidade.

Faino tras a xuntanza do pasado venres co delegado territorial da Xunta en Lugo e días despois de que a propia Lara Méndez anunciara as medidas do Goberno de Lugo para revitalizar este barrio, tanto economica como socialmente.

Na solicitude, como primeira opción figura a cesión de uso dos locais de negocio, e no caso de que non se puidera por cuestións legais, a adquisición directa dos establecementos, pero todo elo, segundo explicou a Alcaldesa, "co obxectivo de facer unha xestión pública dos locais públicos" e aumentar os espazos para desenvovler a política público do Centro de Empresas e Innovación do Concello.

Coa solicitude, Lara Méndez, adxuntou unha memoria do barrio da Tinería na que se acredita a importancia "deste barrio senlleiro" así como un informe técnico, emitido polo Secretario Xeral e a Vicesecretaria do Concello no que se acredita que é posible a cesión de uso dos locais, a primeira opción que sempre plantexou o Goberno de Lugo, xunto coa adquisición dos inmobles.

Audio

  • Lara Méndez, sobre a petición para a cesión dos locais comerciais da Tinería | Descargar mp3

Noticias relacionadas