A Alcaldesa reivindica o orgullo de ser maior

Fíxoo no photocall organizado por Afundación para conmemorar o Día das Persoas Maiores. Para celebrar este día, mañá Concello e Deputación teñen preparadas actividades de 17:00 a 19:00 horas na Praza Maior

Venres, 30 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa reivindica o orgullo de ser maior

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este venres no photocall + de 60 Contamos, organizado pola Fundación Galicia Obra Social (Afundación) diante da sede deste colectivo, situada en Santo Domingo, para conmemorar o Día Internacional das Persoas Maiores. No acto, a rexedora reivindicou o orgullo de ser maior e puxo en valor que ser maior non é cuestión de idade, senón que é cuestión de coñecemento, de experiencia e de valores.

Para celebrar o Día Internacional das Persoas Maiores, o Concello e a Deputación teñen preparado para mañá unha chocolatada, hinchables e distintos obradoiros, que terán lugar entre as 17:00 e as 19:00 horas na Praza Maior.

Noticias relacionadas