A alcaldesa recibe á nova xefa dos Servizos Sociais do Concello

Venres, 07 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa recibe á nova xefa dos Servizos Sociais do Concello

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e as edís de Gobernanza, Paula Alvarellos, e de Benestar, Olga López Racamonde, recibiron esta mañá á nova xefa de Servizos Sociais do Concello, Pilar Rodríguez, que hoxe se incorporou a seu cargo, en comisión de servizo, para a cobertura do posto polo prazo dun ano, prorrogable por outro máis.

“Fornécese así a organización interna da área de Benestar, efectivizando os recursos dos que dispón este departamento que presta un labor fundamental, especialmente neste momento, á cidadanía lucense, sobre todo á máis vulnerable e a que precisa dunha maior atención e apoio por parte da administración”, sinalou a rexedora que aproveitou o acto para “desexarlle moita sorte e moito acerto na nova etapa que hoxe inicia na que xa era a súa casa”.

Pilar Rodríguez González é funcionaria de carreira do Concello de Lugo onde leva exercendo como Traballadora Social dende o ano 2003.

Multimedia

  • A alcaldesa recibe á nova xefa dos Servizos Sociais do Concello

Noticias relacionadas