A Alcaldesa recibe no Vello Cárcere a uns 150 alumnos e alumnas de intercambio da USC

Domingo, 03 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa recibe no Vello Cárcere a uns 150 alumnos e alumnas de intercambio da USC

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, recibiu este domingo, no patio do Vello Cárcere, a uns 150 alumnos e alumnas de intercambio, que veñen cursar o segundo semestre universitario á USC, tanto o campus lugués como ao de Santiago. Posteriormente fixeron unha visita polas instalacións socioculturais e pola cidade.

Os encargados de organizar e guiar esta visita foron os voluntarios e voluntarias de SCQ Erasmus, unha asociación sen ánimo de lucro composta por estudantes da USC e creada no 2016, á que a rexedora lle agradeceu o seu traballo durante o encontro, no que lles deu a benvida aos estudantes convidándoos a gozar de todo o legado e patrimonio de Lugo.

Noticias relacionadas