A Alcaldesa recibe á Brilat Galicia VII, procedente de Figueirido, que chega a Lugo para partipar na Semana Santa

O Exército de Terra escoltou durante todo o seu percorrido a procesión do Bo Xesús e do Nazareno

Martes, 22 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este martes á Brilat Galicia VII procedente de Figueirido, Pontevedra, que un ano máis chega a Lugo para participar nos actos da Semana Santa lucense. A unidade da Brilat, integrada por medio cento de persoas entre a Compañía de Honores e a banda, formou filas diante a Casa Consistorial. Posteriormente, o Tenente Coronel saudou á Corporación Municipal.

Ás 20:30 horas, dende a Catedral e coa Brilat como escolta durante todo o seu percorrido, partía a procesión do Bo Xesús e do Nazareno, que recorreu a Praza Pío XII, Bo Xesús, Praza Santa María, Casas Nóvoa, Praza Maior, Armanyá, Santo Domingo, rúa da Raíña e Praza Maior, para regresar pola Praza de Santa María, Bo Xesús e Catedral.

Noticias relacionadas