A Alcaldesa recibe á Asociación de Amigos da Catedral de Ourense, que visita hoxe Lugo

Venres, 17 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este venres a unha vintena de persoas da Asociación de Amigos da Catedral de Ourense, coa súa presidenta, a vicepresidenta e o deán á cabeza. Durante a visita á Casa Consistorial, a rexedoura convidounos a participar no Arde Lvcvs e a descubrir non soamente a Catedral de Lugo, senón todo o patrimonio artístico e cultural da cidade.

A Asociación da Catedral de Ourense foi creada no 2008 co fin de traballar en favor da posta en valor da catedral ourensana, con actividades como concertos, visitas guiadas ou publicacións, ademais de intervir para aportar solucións sobre os problemas que xurdan en torno ás restauracións da catedral. Neste senso, Lara Méndez convidounos a seguir traballando nesa dirección e a impulsar ese Monumento Histórico Artístico, recoñecido como BIC.

Noticias relacionadas