A Alcaldesa recibe aos presidentes da Confederación de Empresarios de Lugo e Pontevedra

Xoves, 29 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa recibe aos presidentes da Confederación de Empresarios de Lugo e Pontevedra

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este xoves aos presidentes da Confederación de Empresarios de Lugo e de Pontevedra, Jesús Quintá e Jorge Cebreiros, respectivamente, que se achegaron á Casa Consistorial tras rubricar un acordo marco de colaboración en materia de formación, cooperación transfronteiriza e internacionalización. Lara Méndez felicitou a ambas confederacións por estreitar lazos e por buscar a posta en marcha de programas de carácter transfronteirizo con Portugal que redunden no beneficio da actividade económica de Lugo e Pontevedra. 

Noticias relacionadas