A alcaldesa recibe ao Oficial-Albanel que hoxe se incorpora á Brigada de Obras

Luns, 09 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa recibe ao Oficial-Albanel que hoxe se incorpora á Brigada de Obras

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, recibiron esta mañá a un novo traballador municipal. Un Oficial-Albanel que hoxe tomaba posesión do seu cargo como persoal laboral fixo. Unha praza á que accedeu mediante oposición libre.

Con este son xa case unha vintena de empregados públicos os que se foron incorporando, nas últimas semanas, aos distintos servizos do Concello para reforzar departamentos como o Rexistro, Estatística, Benestar, a Brigada de Augas, Negociado de Persoal, etc aos que cómpre engadir o axente, chegado de Ibiza, que, dende o pasado día 1 de decembro, desenvolve unha comisión de servizo na Xefatura de Lugo así como os novos 23 efectivos do Parque de Bombeiros.

Noticias relacionadas