A Alcaldesa recibe ao alumnado do intercambio entre o IES Virxe dos Ollos Grandes e un centro educativo de Leipzig

Luns, 08 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa recibe ao alumnado do intercambio entre o IES Virxe dos Ollos Grandes e un centro educativo de Leipzig

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns no Salón de Plenos do Concello á vintena de alumnos e alumnas que participan no intercambio entre o IES lucense Virxe dos Ollos Grandes e o centro Evangelisches Schulzentrum, da cidade alemana de Leipzig. No encontro, no que tamén participou o profesorado de ambos centros educativos e houbo un intercambio de agasallos, a rexedora deu a benvida ao grupo alemán, explicoulles os principais atractivos da cidade e animounos a ser embaixadores de Lugo en Leipzig, ademais de subliñar os beneficios tanto no eido persoal como profesional que teñen este tipo de intercambios para os mozos e mozas.

Noticias relacionadas