A Alcaldesa reafirma o compromiso do Goberno Local co fomento do emprego municipal na entrega de diplomas do obradoiro Lugo Cóidate

Lara Méndez, Ana Prieto e José Manuel Balseiro entregaron os diplomas deste taller, no que se formaron 15 alumnos e alumnas ao longo de 6 meses en atención sociosanitaria e dinamización de actividades de tempo libre

Venres, 27 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A  Alcaldesa reafirma o compromiso do Goberno Local co fomento do emprego municipal na entrega de diplomas do obradoiro Lugo Cóidate

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e do Delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, entregaron este venres, no Salón de Actos do CEI-NODUS, os diplomas ás e aos participantes no obradoiro de emprego que acadou o Concello, Lugo Cóidate.

"A formación é imprescindible para buscar a inserción no mundo laboral", asegurou no acto de entrega a rexedora, quen reafirmou o compromiso do Concello co emprego, a pesar de que a entidade local non ten competencias propias no emprego, pero si a administración máis próxima á veciñanza do municipio, con 6.566 persoas paradas, "Temos 6.566 preocupacións", continuou, polo que este Goberno seguirá trabllando na creación de emprego, destinando nos orzamentos que entraron en vigor recentemente, unha partida de 3 millóns de euros para políticas activas que beneficien a empregabilidade da cidadanía. Así mesmo, amosou a disposición do Concello para seguir presentando proxecto á convocatoira de obradoiros da administración autonómica.

A Alcaldesa , quen amosou o desexo de que a formación sirva para abrir novas portas e alternativas no mundo laboral, quixo agradecerlle ás persoas participantes neste obradoiro, cunha temática nicho de emprego do municipio, a repercusión do seu traballo para Lugo, pois idearon o xogo do Lugóplis, e publicaron distintos materiais para a dinamización e coidado de maiores, dependentes nenos e nenas.

O Lugo Cóidate, cun orzamento de 135.000 euros, contou coa participación de 15 alumnos e alumnas, menores de 30 anos, que se formaron ao longo de 6 meses, entre setembro e marzo en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (7 alumnos e alumnas) ou en dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil (8 alumnos e alumnas).

Noticias relacionadas