A Alcaldesa ratifica o apoio do Concello ás reivindicacións de UXT e CC.OO. por unha pensións dignas

Martes, 03 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa ratifica o apoio do Concello ás reivindicacións de UXT e CC.OO. por unha pensións dignas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ratificou este martes o apoio do Concello ás reivindicacións que están levando a cabo os sindicatos UXT e CC.OO. por unhas pensións dignas. Fíxoo durante a concentración convocada por ambas organizacións esta mañá diante da casa consistorial, dentro da marcha que iniciaron onte en Santiago de Compostela e que rematarán o día 9 cunha gran manifestación en Madrid.

Méndez, que participou no acto xunto a membros do Goberno local e do resto da Corporación, lembrou que o Pleno aprobou o pasado xoves unha proposta, que recollía integramente o texto acordado por UXT e CC.OO. a nivel estatal, en defensa dos sistema público de pensións. Este acordo plenario demostra que o Concello “está detrás de vós reivindicando unhas pensións dignas; estades apoiados. Tanto as administracións como toda a sociedade nos temos que implicar, pois o que hoxe pedides os pensionistas non é só para vós, senón para toda a sociedade porque hoxe sodes vós os pensionista se mañá seremos nós”.

Noticias relacionadas