A Alcaldesa proporá na Xunta de Voceiros unha declaración institucional para reivindicar o cuarto xulgado do social de Lugo

O Goberno local subliña que é unha necesidade avalada política, xudicial e socialmente

Venres, 22 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa, Lara Méndez, avanzou este venres, unha vez coñecida a decisión do Ministerio de Xustiza de non aprobar o cuarto xulgado do social para Lugo, que proporá á Xunta de Voceiros o vindeiro luns a aprobación dunha declaración institucional para reivindicar esta unidade xudicial, “unha necesidade avalada política, xudicial e socialmente que debe ser atendida polo Goberno central”, subliñou a rexedora. “Sempre vamos a defender o que necesita Lugo para que sexa unha cidade de futuro, para que teña prestacións e servizos, e desde logo unha necesidade importante de cara a buscar a protección da cidadanía, mesmo dos eslabóns máis débiles da cadea é un xulgado do social, polo que seguiremos reivindicando”, subliñou Méndez.

Noticias relacionadas