A Alcaldesa preside a tradicional ofrenda do Concello á patroa da cidade

Luns, 15 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa preside a tradicional ofrenda do Concello á patroa da cidade

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este luns a tradicional ofrenda floral do Concello á patroa da cidade, a Virxe dos Ollos Grandes, nun acto que tivo lugar a partir das 11:00 horas na Catedral. Previamente, a rexedora e os concelleiros desprazáronse en comitiva, encabezada pola guardia de gala, dende a Casa Consistorial ata a Catedral. Lara Méndez foi a encargada de entregar o centro de flores ao Bispo, símbolo da ofrenda á patroa, na propia capela, que constitúe un dos exemplares máis vistosos do barroco peninsular.

Multimedia

  • A Alcaldesa preside a tradicional ofrenda do Concello á patroa da cidade

Noticias relacionadas