A alcaldesa presenta o XXXVIII Campionato Galego Escolar de Kung-Fu que reunirá a máis de 330 deportistas

O Campionato poderase ver por Streaming a través da canle de YouTube da Federacion Galega de Kung Fu.

 “Eventos deportivos deste tipo axudan a poñer a Lugo no mapa deportivo de España” destacou Méndez.

Mércores, 16 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa presenta o XXXVIII Campionato Galego Escolar de Kung-Fu que reunirá a máis de 330 deportistas

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez presentou esta maña o XXXVIII Campionato Galego Escolar de Kung-Fu o cal terá lugar o vindeiro, 19 de xuño, na nosa cidade, aplicando o protocolo aprobado pola Secretaría Xeral para o Deporte e sin aforo.

Á presentación tamén asistiu o Concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto; o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete; Delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; Francisco Rodríguez Rodríguez, Presidente do Club Kung Fu; Jose Manuel Gómez, Director Técnico del Campeonato representando a la Federación Galega de Kung-Fu.

Neste evento deportivo competirán máis de 330 deportistas de diversas idades e ámbolos dous sexos procedentes de toda Galicia. A competición terá lugar, a partir das 17.00 horas, no Pavillón Municipal dos Deportes. O Campionato poderase ver por Streaming a través da canle de YouTube da Federacion Galega de Kung-Fu

A rexedora incidiu na importancia de “apoiar e promocionar este deporte xa que nas cidades onde se celebra un Campionato de Galicia Escolar de Kung Fu, é habitual que esperte sempre unha gran expectación entre a poboación e os simpatizantes de esta especialidade deportiva”. A alcaldesa aproveitou a ocasión para agradecer á organización do evento a labor levada a cabo xa que “eventos deportivos deste tipo axudan a poñer a Lugo no mapa deportivo de España”.

O sistema de competición está baseado nos aspectos técnicos, estéticos e educativos do Kung-Fu e componse de dúas probas. A primeira será a combinación de movementos libres e a segunda o patrón de movementos previamente establecido para cada categoría.

A Competición levarase a cabo por equipos formados por 3, 4, 5 ou 6 deportistas de ámbolos dous sexos. Cada grupo de participantes deberá facer dúas probas de trinta segundos cada unha e o grao de dificultade das probas, está determinado pola variedade de movementos e técnicas que a compoñen, especialmente os Taos (patróns de movemento).

A primeira proba consiste na unión de exercicios compostos por diversas posicións e movementos de brazos e pernas. Esta proba está elaborada polos membros do equipo; o adestrador solo suxire ideas e posibilidades, permitindo así un maior desenrolo y expresión da creatividade e imaxinación dos nenos e nenas.

E a segunda proba, o grao de dificultade dos Taos, patrón de movementos previamente establecido para cada categoría e cinturón, está en relación directa cos coñecementos técnicos adquiridos durante a practica do Kung Fu. Neste exercicio eliminase a proba de contacto.

O tratarse de un campionato galego, os deportistas da categoría Benxamín corresponden unicamente a Provincia de Lugo. Para as demais, establécense en base a idade, o grao (cinturón), nivel técnico e habilidades adquiridas polo deportista durante a práctica, e agrúpanse nas categorías de Benxamín, Alevín e Infantil.

Cada categoría esta composta polos seguintes Graos ou Cinturóns:

Cinturons Amarelos

Cinturons Laranxas

Cinturons Verdes

Cinturons Azuis

Cinturons Marrons e

Cinturons Negros

Premios

En cada categoría serán os seguintes:

Campión          :   Medalla e Trofeo

Subcampión     :   Medalla e Trofeo

3º Clasificado   :   Medalla e Trofeo

Total: 42 Trofeos; 14 Campións, 14 Subcampions e 14 Terceiros Clasificados e 210 medallas 70 de Ouro, 70 de Prata e 70 de Bronce. Pensando nunha media de 4 compoñentes por equipo 

Premios especiais:

210 medallas conmemorativas para os deportistas non clasificados. Os deportistas que non obteñan premio por méritos propios, recibirán unha medalla de participación conmemorativa de éste campeonato.

Noticias relacionadas