A Alcaldesa pon en valor o potencial da gastronomía lucense na clausura das xornadas de Ciencia aplicada á Cociña

Lara Méndez participou no peche destas xornadas, coas que colabora o Concello, e que tiveron lugar no instituto Sanxillao durante esta semana

Venres, 04 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa pon en valor o potencial da gastronomía lucense na clausura das xornadas de Ciencia aplicada á Cociña

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este venres no Instituto Sanxillao no acto de clausura das xornadas de Ciencia aplicada Cociña, coas que colabora o Concello. Trátase dunhas xornadas que se desenvolveron dende o pasado luns ata esta tarde nas instalacións deste instituto lucense, nas que se debateu sobre o descubrimento e a análise das bases científicas sobre as que se asentan os procesos comúns da cociña, as aplicacións científicas, innovacións en gastronomía e outros aspectos físicos, químicos e nutricionais a ter en conta na gastronomía.

Durante o acto de clausura, a rexedora puxo en valor o potencial das gastronomía lucense, capaz de atraer turistas á cidade de Lugo, ao tempo que incidiu na importancia da investigación aplicada non só a cociña, senón a calquera ámbito.

Por outra banda, Lara Méndez subliñou a importancia da colaboración entre institucións públicas e entidades privadas, que estén dispostas a traballar xuntas para organizar e difundir xornadas como as de Ciencia aplicada á Cociña, “unha boa mostra desta colaboración”.

Noticias relacionadas