A Alcaldesa pon en común con veciños e empresarios da Ponte accións de impulso á zona

Xoves, 17 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa pon en común con veciños e  empresarios da Ponte accións de impulso á zona

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este xoves un encontro con representantes da asociación de veciños e de empresarios da estrada vella de Santiago, no barrio da Ponte, unha reunión que se enmarca na rolda de xuntanzas da rexedora co tecido socioeconómico da cidade e que serviu para poñer en común as posibles accións de impulso á zona.

As demandas dos veciños e empresarios pasan fundamentalmente por melloras na ordenación urbanística da zona para favorecer a accesibilidade.

Alcaldesa e representantes veciñais e empresariais acordaron manter novos contactos nos vindeiros meses para concretar actuacións. 

Noticias relacionadas