A Alcaldesa participa, por terceiro ano consecutivo, na entrega dos premios fin de carreira San Cidre do Campus Terra e o Colexio de Agrónomos

Martes, 22 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa participa, por terceiro ano consecutivo, na entrega dos premios fin de carreira San Cidre do Campus Terra e o Colexión de Agrónomos

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este martes, por terceiro ano consecutivo, na Casa do Saber, na festividade do patrón dos Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, San Cidre, nun acto no que tamén estiveron presentes o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno, e o Decano do Colexio Oficial da Escola Politécnica, Tomás Cuesta. No transcurso do acto tiveron lugar dúas conferencias, unha sobre a enxeñaría agronómica nos obxetivos do desenvolvemento sostible da ONU, a cargo do Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, Pedro Calaza; e outra sobre o Instituto de Estudos do Territorio, a cargo da Directora do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Inés Santé. No acto tamén se entregaron os premios fin de  carreira, no marco dunha sesión na que se agasalla con diplomas e insignias ás persoas que veñen de titularse nas convocatorias de xuño de 2017 e febreiro de 2018.

Os premios son os seguintes: o terceiro para Pedro Pablo Vidal Lago polo Proxecto de planta frigorífica de almacenamento de mexillón conxelado con capacidade para 1.000TM; o segundo para María López de la Call, por un Estudo da aptitude tecnolóxcia da fariña de arroz para a súa aplicación en novos produtos de base non láctea; e o primeiro para Alexandre Duarte polo seu Deseño dunha piscifactoría destinada á producción de 65T de tilapia do Nil.

Noticias relacionadas