A Alcaldesa participa no acto de clausura da 38ª Semana Internacional de cine de autor de Lugo

Lara Méndez e Ana González Abelleira asistiron á clausura deste evento, que nesta edición proxectou na cidade máis de cen longametraxes

Sábado, 24 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa participa no acto de clausura da 38ª Semana Internacional de cine de autor de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, participaron este sábado no acto de clausura da 38ª Semana Internacional de cine de autor de Lugo, que tivo lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Nesta edición proxectáronse máis de cen longametraxes.

Dentro da programación do festival, figurou un ciclo sobre a discapacidade, como homenaxe á Asociación ASPNAIS, con motivo do seu primeiro cincuentenario e unha dedicatoria especial ao Gran Teatro, A muller protagonista, e a Dani de la Torre, Luis Tosar e Jorge Coira pola película El desconocido. O Concello colabora con esta cita cunha achega económica de 18.000 euros.

Multimedia

Noticias relacionadas