A Alcaldesa participa na presentación dun programa que reactivará a construcción a través da rehabilitación eficiente de vivendas

Trátase da iniciativa Reacciona 2020 posta en marcha grazas a un convenio de colaboración entre a Deputación de Lugo e a Asociación Provincial de Empresarias da Construcción de Lugo

Martes, 15 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa participa na presentación dun programa que reactivará a construcción a través da rehabilitación eficiente de vivendas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou esta mañá no Salón de Actos da Deputación xunto ao Presidente do organismo provincial, Darío Campos, no acto de presentación do programa Reacciona 2020, unha iniciativa que reactivará a construcción a través da rehabilitación eficiente de vivendas. Ao acto tamén asistiu o presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo (APEC), Hipólito Trinidad.

O Programa de Impulso á Rehabilitación Sostible de Vivendas na provincia de Lugo, cuxa denominación xenérica é Reacciona 2020, foi posto en marcha grazas a un convenio de colaboración entre a Deputación e a APEC. Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo pór en práctica medidas que fomenten a xeración de emprego no eido da rehabilitación de vivendas baixo crieterios de eficiencia enerxética. 

Durante o acto de presentación, a rexedora aplaudiu a posta en marcha deste programa “tan importante para a revalorización dos inmobles, que permitirá combater o feísmo e o abandono do rural”. Méndez explicou que durante esta lexislatura, o Concello de Lugo puxo en marcha unha Concellería de Desenvolvemento Sostible, da que depende tanto medio ambiente como urbanismo. “Cremos que a xestión urbanística debe estar unida ao medio ambiente para conseguir un crecemento equilibrado, racional e sostible”, asegurou a Alcaldesa. 

Noticias relacionadas