A Alcaldesa, na presidencia da Asemblea Xeral do Eixo Atlántico

Martes, 16 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa, na presidencia da Asemblea Xeral do Eixo Atlántico

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este martes no Centro de Congresos de Santa María da Feira, en Portugal, na mesa da Asemblea Xeral do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, encontro no que tivo un papel destacado, ao tomar parte como vicepresidenta na xornada de mañá e como presidenta na sesión da tarde, en substitución do presidente, o alcalde de Braga, Ricardo Río.

A asemblea, na que participaron alcaldes e representantes de entidades locais como A Coruña, Pontevedra, Santiago de Compostela, Verín, Lalín, Monforte de Lemos, O Carballiño, Vilagarcía de Arousa ou Riveira, entre outros moitos de Galicia e Portugal, serviu para dar o visto bo ao programa de actividades e os orzamentos de 2016 da asociación transfronteiriza -3 millóns de euros-, que foron aprobados na Comisión Executiva, na que tamén participou a rexedora lucense.

Noticias relacionadas