A Alcaldesa mostra o total apoio do Concello aos gandeiros nunha xuntanza de ACRUGA

Lara Méndez participou este venres na homenaxe a 7 gandeiros xubilados membros desta asociación

Venres, 03 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa mostra o total apoio do Concello aos gandeiros nunha xuntanza de ACRUGA

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este venres na homenaxe a 7 gandeiros xubilados da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (ACRUGA), un acto enmarcada dentro da Asamblea Anual que celebra este colectivo. A este acto tamén asistiron o presidente de Acruga, César Dorado, a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo e o presidente da Deputación, Darío Campos.

Na súa intervención, a rexedora mostrou o total apoio do Concello tanto aos gandeiros “que fostes, sodes e seredes a despensa de Galicia, e que loitades por seguir adiante, a pesar do panorama de crise que vive a maioría do mundo gandeiro”, así como ao sector primario, “un sector que aporta un valor engadido ao municipio”. Lara Méndez tamén fixo fincapé no labor de Acruga, que leva dende 1968 mantendo un dos patrimonios que ten Galicia, a raza Rubia Galega, ao tempo que agradeceu a súa loita constante por facer da gandería do municipio, da provincia e da comunidade autónoma, unha gandería competitiva.

Tras a intervención, tivo lugar a entrega de distincións a Manuel González, Eliseo Teijeiro, Alfredo Arias, Secundino Pérez, Emilio Díaz, Felicitas Arias e Manuel Pérez, que veñen de xubilarse. Posteriormente celebrouse un xantar.

Multimedia

  • A Alcaldesa mostra o total apoio do Concello aos gandeiros nunha xuntanza de ACRUGA

Noticias relacionadas