A Alcaldesa manterá o luns unha xuntanza de traballo co Presidente de ADIF

Venres, 05 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, manterá o vindeiro luns, 8 de xaneiro, en Madrid, unha xuntanza de traballo co Presidente de ADIF, Juan Bravo. Faino tras a propia petición enviada pola rexedora luguesa o pasado 29 de maio de 2017.

O obxectivo desta reunión, que terá lugar ás 13:00 horas, e na que tamén estará presente a Directora Xeral de Explotación e Construción desta entidade pública empresial dependente do Ministerio de Fomento, Isabel Pardo de Vera, é impulsar a execución de distintos proxectos de gran calado para o desenvolvemento da cidade e de vital importancia para o municipio e a súa veciñanza.

Noticias relacionadas