A Alcaldesa mantén un encontro coa veciñanza da praza de Alacante no que lle detalla os proxectos do Goberno para a zona

Avanza que o vindeiro mes comezarán as obras de peonalización do entorno da praza da Milagrosa e o acondicionamento dun aparcamento disuasorio con 15 prazas en Agro do Rolo

Mércores, 08 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
080818 Xuntanza veciñal praza de Alacante

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este mércores unha encontro con veciños e veciñas do entorno da praza de Alacante durante o que lles detallou os proxectos que o Goberno que dirixe ten previsto levar a cabo a curto prazo na zona, e que suman preto de 190.000€. En concreto, a rexedora, que estivo acompañada polo voceiro municipal, Miguel Fernández, e os concelleiros de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e Benestar Social, Ana González Abelleira, avanzoulles que as obras de peonalización do entorno da praza da Milagrosa, adxudicadas a Transformaciones Agrarias Hermanos Isidro Blanco Trigo por importe de 171.600€, comezarán a principios do vindeiro mes de setembro. Contan cun prazo de execución de 6 meses.

De maneira inmediata, o vindeiro mes, comezarán tamén as tarefas para acondicionar un aparcadoiro disuasorio na Avenida Reverendo Xosé Fernández Núñez, a carón da praza Agro do Rolo, que ofrecerá 15 prazas nunha superficie de 468,25 ms2. O seu orzamento ascende a 13.200 euros. Trátase dun dos 7 estacionamentos que o Goberno ten planificado para dotar á cidade de 203 novas prazas, cun importe conxunto de adxudicación de 253.000€, á empresa Canarga. As obras teñen un prazo de execución de 5 meses.

Noticias relacionadas