A alcaldesa, Lara Méndez, asiste á toma de posesión de 23 bombeiros que reforzarán o servizo municipal

As incorporacións proceden do desenvolvemento das ofertas públicas de emprego iniciadas no mandato anterior e permite avanzar na cobertura das prazas fixadas na RPT

A rexedora lucense aproveitou para reclamar que os concellos teñan unha maior autonomía co fin de dar cobertura aos servizos sen as restricións que aínda fixan as ‘Leis Montoro’

Mércores, 04 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa, Lara Méndez, asiste á toma de posesión de 23 bombeiros que reforzarán o servizo municipal

De gran día e de fito cualificou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a toma de posesión de 23 bombeiros esta mañá, 11 deles interinos, cos que se reforza o actual equipo municipal de extinción de incendios e salvamento. O Corpo sitúase con estas incorporacións nos 48 efectivos.

A rexedora acudiu esta mañá ao acto de sinatura da súa posesión e felicitounos. “Se estades aquí hoxe foi por ter pasado unhas fortes probas selectivas, polo que podemos dicir que contamos en Lugo cos mellores profesionais”, sostivo. Méndez lembrou todas as melloras desenvolvidas no mandato pasado en recursos materiais, como a compra de novos vehículos para o parque móbil de bombeiros, “pero nos faltaba este necesario reforzo en efectivos persoais que permitirá optimizar a organización do servicio e unha mellora na súa calidade, o que redundará nunha mellora da seguridade cidadá”.

Con estas incorporacións se materializa todo o esforzo realizado no mandato anterior no desenvolvemento dos procesos selectivos “para ter un cadro de persoal saneado en canto ao número de efectivos”. Neste caso, achégase ao número de bombeiros fixado na RPT, que ascende a 54. “O de bombeiros é un servizo imprescindible e temos que ter asegurada que ante calquera incidencia haberá unha resposta rápida e profesional”, aseverou a alcaldesa.

Méndez aproveitou para pedir unha maior autonomía para que os Concellos poidan dar cobertura aos servizos municipais sen as restricións fixadas polas ‘Leis Montoro’, que no caso das forzas de seguridade permite convocar a totalidade da taxas de reposición pero só si existen xubilacións.

Audio

  • Lara Méndez, sobr a toma de posesión dos bombeiros | Descargar mp3

Multimedia

  • A alcaldesa, Lara Méndez, asiste á toma de posesión de 23 bombeiros que reforzarán o servizo municipal

Noticias relacionadas