A Alcaldesa inaugura unha xornada médico-legal sobre lesionados de tráfico

Xoves, 18 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa inaugura unha xornada médico-legal sobre lesionados de tráfico

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, inaugurou este xoves, no Salón de Actos da Fundación Abanca, unhas xornadas sobre lesionados de tráfico, organizadas polo Hospital Polusa, cuxo xerente, Justo Jorge López, estivo presente tamén na inauguración.

No acto, Méndez valorou positivamente este tipo de iniciativas, que cumpren cun dobre obxectivo: formativo e preventivo; e que axudan a saber cal é o procedemento, tanto médico como legal, nun momento tan delicado como é un accidente de tráfico. O Concello de Lugo aposta pola concienciación como método de prevención para os accidentes de tráfico en vista dos últimos datos: con 102.233 accidentes con víctimas durante o 2017; organizando, xunto á DXT, actividades formativas no Parque Infantil de Tráfico.

A programación destas xornadas incluíu unha conferencia sobre oDereito do Lesionado de Tráfico, a cargo do Presidente da Audiencia de Lugo, José Antonio Varela; unha segunda sobre aGuía clínica do síndrome do latigazo cervical, a cargo do director médico do Hospital Polusa, Miguel Larrosa; e unha terceira, en relación aoNovo convenio de tráfico de Unespa, coa intervención do director de Asat-Salud, Carlos Colilla.

Noticias relacionadas