A Alcaldesa garante as casetas e caldeiros de polbo no San Froilán

Fíxoo tras unha xuntanza con Irimia, onde Méndez lle puxo en coñecemento os mecanismo cos que conta o Concello para asegurar o obxecto do contrato. Así mesmo, trasladoulle os prazos para entregar a documentación

Luns, 12 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa garante as casetas e caldeiros de polbo no San Froilán

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este luns unha xuntanza con Javier Irimia, un dos adxudicatarios das casetas e caldeiros do polbo. Tras a reunión, a rexedora garantizou a subministración dun elemento tan característico no San Froilán, como o polbo, para que as festas sigan sendo un éxito.

Lara Méndez puxo en coñecemento de Irimia os mecanismos cos que conta sempre o Concello, como administración, para garantir o obxecto do contrato, como pode ser a declaración dun procedemento de urxencia. Do mesmo xeito, trasladoulle os prazos para entregar a documentación requerida.

Noticias relacionadas