A Alcaldesa felicita aos alumnos e alumnas do obradoiro municipal EmpregaTIC polo seu esforzo e constancia

Sábado, 11 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa felicita aos alumnos e alumnas do obradoiro municipal EmpregaTIC polo seu esforzo e constancia

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, felicitou este sábado no MIHL aos alumnos e alumnas do obradoiro municipal de emprego EmpregaTIC, que permitiu a formación de 15 mozos e mozas e mellorar as súas posibilidades de inserción laboral nun nicho de emprego como as novas tecnoloxías. No acto tamén estiveron presentes a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

A rexedora destacou “o excelente labor realizado polos alumnos e alumnas, que fixeron un gran traballo, permitíndolle á cidadanía que poida consultar os arquivos dixitalizados noutros obradoiros de emprego do Concello”. Tamén lembrou a importante aposta do Goberno Municipal pola formación das persoas desempregadas e pola xuventude, “xa que son o futuro de Lugo e por iso queremos que os nosos mozos e mozas se poidan quedar aquí na súa cidade e ter un traballo de calidade”.

Noticias relacionadas