A Alcaldesa expresa “todo o recoñecemento” a Grandío, quen “fixo do deporte base un estandarte desta cidade”

Martes, 27 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez e Manuel Díaz Grandío

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, expresou este martes “todo o seu recoñecemento” persoal e do Goberno a José Manuel Díaz Grandío, Concelleiro de Deportes e Infraestruturas Urbanas, quen presentou onte a súa renuncia por “cuestións única e exclusivamente persoais”. A rexedora gabou o labor de Grandío, “unha persoa que dedicou os últimos 16 anos da súa vida ao Concello, basicamente ao deporte”. “Fixo do deporte base todo un estandarte da cidade, dándolle a oportunidade a todos os nenos e nenas de practicar calquera disciplina deportiva e establecendo axudas a aquelas persoas con actitudes e cualidades para que poidan acadar unha carreira deportiva de futuro. Sempre pensou no deporte base”.

Méndez lembrou que no Pleno ordinario deste xoves formalizaranse dúas renuncias de edís que se producen conxuntamente, unha, a de Juan Carlos González Santín, “que obedece aos estatutos do partido, que establecen un cargo por persoa”, e outra, a de Díaz Grandío, debida “a cuestións persoais, moi ao noso pesar”. As persoas que se incorporarán ao Goberno son as seguintes na lista socialista ás municipais: Rosana Rielo e Manuel Núñez.

Audio

Noticias relacionadas