A Alcaldesa escoita as necesidades dos veciños e veciñas do barrio do Castiñeiro

Lara Méndez reuniuse cunha trintena de persoas, que lle trasladaron entre outras demandas a mellora das beirarrúas e o mobiliario urbano

Luns, 29 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou este luns o barrio do Castiñeiro para coñecer de primeira man a situación do mesmo, así como as necesidades e inquedanzas dos seus veciños e veciñas co fin de mellorar esta zona da cidade. Acompañada polos Concelleiros de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, a rexedora reuniuse cunha trintena de veciños, que puxeron en coñecemento dos membros da Corporación municipal as necesidades do barrio, que pasan entre outras, pola mellora das beirarrúas ou o mobiliario urbano. Así mesmo, plantexaron á Alcaldesa algunhas peticións sobre cuestións medioambientais do entorno.  

“Dende o Concello traballaremos para garantirlle tanto a este como a todos os barrios e parroquias luguesas os servizos que nos solicitan”, destacou a rexedora sobre a visita, que forma parte “da política de proximidade aos barrios do Goberno, encamiñada a mellorar a calidade de vida dos veciños do municipio e a facer cidade entre todos. A Alcaldesa definiu ao Castiñeiro como un “barrio que mudou co paso do tempo, pero que soubo conxugar a súa tradición coa modernidade”. A rexedora estivo nos últimos meses cos veciños dos barrios da Milagrosa, A Piringalla, As Gándaras e A Residencia.

Multimedia

Noticias relacionadas