A Alcaldesa e o Presidente da Deputación visitan o Club Fluvial para coñecer as propostas da nova directiva sobre a actuación na rúa Fermín Rivera

O presidente do Club Fluvial, Tito Valledor, aproveitou a presenza de Lara Méndez e Darío Campos para explicarlles os proxectos de ampliación para a sociedade deportiva

Xoves, 10 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa e o Presidente da Deputación visitan o Club Fluvial para coñecer as propostas da nova directiva sobre a actuación na rúa Fermín Rivera

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Deputación, Darío Campos, mantiveron unha reunión este mécores co presidente do Club Fluvial, Tito Valedor, na que é a primeira visita institucional para a nova directiva. O encontro serviu como primeira toma de contacto e para que Valledor trasladara á Alcaldesa e ao Presidente as necesidades do club e as propostas para solucionar o problema de aparcamento na rúa Fermín Rivera, ao tempo que presta servizos aos veciños da zona. Este encontro prodúcese despois dunha primeira reunión entre Lara Méndez e Darío Campos para tratar varios temas comúns ás dúas institucións, entre elos as futuras actuacións nesta rúa de titularidae provincial.

Ademais de asinar no Libro de Ouro do club, Méndez e Campos coñeceron da man de Valledor a proposta de ampliación para algunha das instalacións do club.

Multimedia

  • A Alcaldesa e o Presidente da Deputación visitan o Club Fluvial para coñecer as propostas da nova directiva sobre a actuación na rúa Fermín Rivera

Noticias relacionadas