A Alcaldesa, e membros da Corporación Municipal, na presentación da nova tempada do Club de Voleibol Emevé, co que colabora o Concello

Sábado, 15 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e outros membros da Corporación Municipal, asistiron este sábado á presentación da nova tempada do Club de Voleibol Emevé, que tivo lugar ás 16:00 horas no Pavillón Municipal. O Concello colabora con este club cunha subvención nominativa de 45.000 euros, posto que se enmarca na aposta da entidade local polo deporte, en todas as súas modalidade e para todas as idades. De feito, o Concello destina neste orzamentos 3 millóns de euros para actividades deportivas, competicións ou gastos de equipos.

Noticias relacionadas