A Alcaldesa e a Concelleira de Cultura coordinan os servizos municipais para a celebración do Arde Lvcvs

Mércores, 07 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa e a Concelleira de Cultura coordinan os servizos municipais para a celebración do Arde Lvcvs

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presidiron este mércores unha reunión técnica de traballo co fin de coordinar os distintos servizos municipais en materia de organización e seguridade para que o primeiro Arde Lvcvs coa declaración de Festa de Interese Turístico Nacional sexa un éxito. A xuntanza, celebrada no Salón de Comisións da casa consistorial, contou con persoal das áreas de Servizos Electromecánicos, Augas, Policía Local, Protección Civil e Bombeiros.

Deste xeito, os preparativos da gran festa de recreación histórica de Lugo avanzan para ter todo a punto o día 30 de xuño, cando arranca a programación, que continuará ata o 1 de xullo.

O operativo de seguridade do Arde Lvcvs abordarase como todos os anos anteriores nunha Xunta Local de Seguridade que será convocada nos vindeiros días co obxectivo de que as distintas forzas e corpos de seguridade coordinen efectivos e dispositivos para garantir o normal desenvolvemento deste festexo multitudinario.

Noticias relacionadas