A Alcaldesa e a Concelleira de Benestar Social felicitan as festas de Nadal ás 50 persoas usuarias do centro de día Antonio Gandoy

Xoves, 03 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa e a Concelleira de Benestar Social felicitan as festas de Nadal ás 50 persoas usuarias do centro de día Antonio Gandoy

Como xa é tradición, a Alcaldesa, Lara Méndez, xunto á Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, visitaron este xoves o centro de día municipal para persoas maiores Antonio Gandoy para felicitarlles as festas de Nadal e o Aninovo aos 50 usuarios e usuarias, que agradeceron a presenza da rexedora e a edil, ademais de destacar o bo funcionamento deste servizo, que forma parte da rede de prestacións sociais do Concello, ás que destina 8,5M€ nos orzamentos. A xornada incluíu unha actuación de maxia e entrega de agasallos.

Noticias relacionadas