A Alcaldesa destaca a cooperación constante do Concello con todo o tecido asociativo do municipio

Lara Méndez, Darío Campos e Miguel Fernández mantiveron unha xuntanza coa Federación de Asociacións de Veciños, que presta asistencia a un total de 257 asociacións da provincia

Martes, 07 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa destaca a cooperación constante do Concello con todo o tecido asociativo do municipio

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Darío Campos, o Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, e o Presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo Lucus Augusti, Jesús Vázquez, mantiveron unha xuntanza con este colectivo que presta asistencia a un total de 257 asociacións de todos os Concellos da provincia. Neste encontro realizouse a sinatura dun convenio de colaboración de 30.000 euros entre o organismo provincial e a federación, dirixidos ao funcionamento de dito colectivo.

Lara Méndez destacou “a cooperación constante do Concello con todo o tecido asociativo do noso municipio, tanto a través de axudas para que poidan desenvolver os seus programas de actividades ou que poidan facer fronte aos gastos de mantemento dos seus locais sociais”. Ademais de prestar colaboración coas actividades que desenvolven ou coa cesión de locais para que poidan realizar as súas actividades.

Neste senso, a Alcaldesa lembrou “o compromiso coa participación cidadá e diálogo fluído co movemento veciñal da entidade local, que sempre ten e terá a porta aberta ás asociacións e á participación veciñal, para entre todos e todas impulsar proxectos e iniciativas que melloren a nosa cidade, sempre en beneficio de toda a cidadanía”.

Campos Conde resaltou que “a través da sinatura desta axuda, dende o Goberno da Deputación renovamos o noso compromiso cos veciños lucenses, colaborando na promoción de campañas tan importantes para a provincia como Lugo, non perdas o tren, Hemodinámica 24 horas ou a recente plataforma en defensa do rural. Ademais, grazas a esta colaboración, financiamos parte dos custos de contratación de persoal técnico que presta servizo ás 257 asociacións que integran a Federación de Veciños, que representan a máis de 20.000 lucenses”.

Noticias relacionadas