A alcaldesa de Lugo supervisa tarefas de limpeza de pintadas

O Concello de Lugo ten implantado o servizo gratuíto de ‘Limpeza de fachadas’ dende o ano 2002 con solicitude previa

Para solicitar o servizo é necesario cubrir o impreso que figura na seguinte ligazón da páxina web do  concello: http://concellodelugo.gal/gl/tramites/limpeza-de-fachadas

Mércores, 09 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo supervisa tarefas de limpeza de pintadas

A alcaldesa de Lugo e o Concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, supervisaron este mércores unha das solicitudes de limpeza dunha pintada en Carril do Son. O Concello ten implantado o servizo gratuíto de ‘Limpeza de fachadas’ dende o ano 2002 de tal xeito que se eliminan as pintadas “con frases, debuxos ou deseños que nada teñen que ver co atractivo traballo que realizan recoñecidos grafiteros” explica Lara Méndez ao tempo que solicita “colaboración cidadá, para lograr entre todos os cidadáns, unha cidade e unha contorna máis limpa”.

Nun primeiro momento realizase unha inspección do lugar valorando, entre outras cuestións, que tipo de construción é a afectada e o material empregado no acto vandálico. Para proceder á limpeza, sen causar danos á fachada ou calquera outra parte do inmoble afectado, a empresa encargada necesita como mínimo, unha hora de traballo para actuar nunha superficie de dous metros cadrados e “sendo ás veces difícil conseguir igualar a cor e eliminar definitivamente as tintas ou produtos químicos empregados”, explica o edil de Medio Ambiente.

Para solicitar o servizo é necesario cubrir o impreso que figura na seguinte ligazón da páxina web do  concello: http://concellodelugo.gal/gl/tramites/limpeza-de-fachadas Debendo achegar a solicitude debidamente cumprimentada e a documentación acreditativa da propiedade ou representación da comunidade de propietarias e propietarios do edificio.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a limpeza das pintadas | Descargar mp3

Noticias relacionadas