A Alcaldesa de Lugo recibiu ás xogadoras dos equipos de fútbol femininos do S.C.D. Milagrosa

A Alcaldesa, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión Social, Ana González Abelleira, recibiron este sábado no Salón de Plenos ás xogadoras dos equipos de fútbol femeninos alevín, infantil, cadete e senior S.C.D. Milagrosa.

Sábado, 19 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión Social xunto coas xogadoras de fútbol do  S.C.D Milagrosa

A Alcaldesa, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión Social, Ana González Abelleira, recibiron este sábado no Salón de Plenos ás xogadoras dos equipos de fútbol femeninos alevín, infantil, cadete e senior S.C.D. Milagrosa.

A rexedora felicitou ás xogadoras senior por ascender a 2ª Nacional e destacou “o esforzo e ilusión”, co que levan traballando os últimos 5 anos, pois a historia do fútbol femenino na S.C.D. Milagrosa comezou na tempada 2010-2011. Lara Méndez, quen obsequiou ao club cunha figura de cerámica que representa a Muralla realizada por ASPNAIS, aproveitou a ocasión para pedirlle a todas as xogadoras que representaran “con orgullo ao barrio da Milagrosa e á cidade de Lugo alá onde vaian”.

“Sodes as mellores embaixadoras que ten Lugo”, senteciou Méndez.

Noticias relacionadas