Lara Méndez dá a benvida a unha vintena de estudantes daneses que están de intercambio no colexio Galén

Luns, 21 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo recibiu esta mañá a unha vintena de alumnos daneses de intercambio

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns no Salón de Plenos a unha vintena de estudantes daneses que están de intercambio no colexio Galén. Ao acto tamén asistiu a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión Social, Ana González Abelleira, e unha vintena de alumnos lucenses que estudan neste centro educativo.

A rexedora, quen invitou aos rapaces a descubrir a historia de Lugo e a gozar da cidade, agradeceu o traballo que realizan os mestres, que fan posible o intercambio de experiencias entre alumnos lucenses e europeos.

Multimedia

  • A Alcaldesa de Lugo recibiu esta mañá a unha vintena de alumnos daneses de intercambio

Noticias relacionadas