A alcaldesa de Lugo recibe no Concello ao alumnado do CEIP María Auxiliadora

Xoves, 05 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo recibe no Concello ao alumnado do CEIP María Auxiliadora

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibía hoxe no Salón de Plenos a 50 alumnas e alumnos de Segundo de Primaria do colexio María Auxiliadora para explicarlles o funcionamento do Concello.

A rexedora aproveitou a visita para conversar durante un anaco coas nenas e nenos deste centro lucense que acudiron á Casa Consistorial con moito interese por coñecer cal é o traballo que desenvolve a administración local xa que estes días están a estudar na escola a súa estrutura e organización.

Noticias relacionadas