A alcaldesa de Lugo participa nos talleres de poda de castiñeiros para mellorar a produción da castaña dentro do programa Life Lugo + Biodinámico

A actividade, organizada da man do Campus Terra da USC baséase nun curso de coidado e poda de castiñeiros de variedades tradicionais de Galicia no novo pulmón verde LIFE das Gándaras.

 
Luns, 18 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo participa nos talleres de poda de castiñeiros para mellorar a produción da castaña dentro do programa Life Lugo + Biodinámico

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, participaban esta tarde no primeiro dos obradoiros - organizados polo Concello e a Universidade, a través do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico - de poda de castiñeiros para mellorar a súa produción e fomentar  a bioeconomía.

Neste taller formativo orientarase aos partcipantes sobre o proceso de coidado e poda dos castiñeiros galegos que ten lugar no novo pulmón verde LIFE na zona de As Gándaras, onde o Campus Terra da USC está investigando o potencial de producción da madeira como produto renovable, reciclable, neutro en termos de carbono, de elevada eficiencia enerxética e de elevada calidade para distintas transformacións industriais.

 A economía verde suporá para Lugo un revulsivo a nivel empresarial e industrial, transformando o modelo económico da cidade e xerando novos empregos verdes.

Estes obradoiros serán unha actividade aberta durante este mes de novembro e o de decembro para calquera persoa interesada en coñecer todo o proceso de coidado e poda dos castiñeiros galegos, de cara a mellorar e fomentar a súa produción, un dos valiosos recursos naturais de Lugo.

Haberá un total de oito citas, que se celebrarán entre hoxe e o 25 de novembro e os días 16 e 23 de decembro, en dous grupos: o primeiro de 16h a 17h e o segundo grupo, entre as 17h e as 18h.  Todos estes cursos serán impartidos por Pablo Antonio Fraga Gontán, enxeñeiro agrónomo, e Juan Luis Fernández Lorenzo, doutor en Ciencias Biolóxicas e profesor da USC, ambos membros do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico.

As persoas interesadas en participar nesta actividade no mes de decembro, xa que para o mes en curso todas as prazas están cubertas, poderán inscribirse a través dun formulario dispoñible na web lugobiodinamico.eu, ata un máximo de 15 inscricións por grupo. Na solicitude deberán indicar a data e hora na que prefiren participar. No caso de choiva ou condicións meteorolóxicas que non permitan a realización da actividade, esta será cancelada.

A través do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico, o Concello de Lugo está a impulsar un novo modelo de cidade que camiña cara un desenvolvemento urbano sostible, co obxectivo de transformar Lugo nun modelo europeo de cidade resiliente, pioneiro na loita contra o cambio climático. Neste proxecto, o Concello de Lugo está acompañado da Deputación de Lugo e tamén conta co labor de investigación da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidad Politécnica de Madrid.

Toda a información relativa ao proxecto LIFE Lugo + Biodinámico, as súas actividades e accións de divulgación está recollida na web lugobiodinamico.eu e nos espazos en redes sociais do proxecto europeo.

Multimedia

  • A alcaldesa de Lugo participa nos talleres de poda de castiñeiros para mellorar a produción da castaña dentro do programa Life Lugo + Biodinámico
  • A alcaldesa de Lugo participa nos talleres de poda de castiñeiros para mellorar a produción da castaña dentro do programa Life Lugo + Biodinámico
  • A alcaldesa de Lugo participa nos talleres de poda de castiñeiros para mellorar a produción da castaña dentro do programa Life Lugo + Biodinámico

Noticias relacionadas